• a despensa na terra slide
    adespensa na terra logo
    adespensa na terra
  • adespensa na terra BG
    adespensa na terra
    adespensa na terra
  • adespensa na terra BG
    adespensa na terra
    Organic

A desPensa na Terra

Tenda de consumo responsábel.
Sabor, saber e saúde na nosa cesta.

A desPensa na Terra, é unha tenda de consumo responsábel en pro dunha alimentación saudabel e saborosa. Nace có obxectivo de recuperar as boas prácticas e os valores do pasado onde primaba o aproveitamento dos recursos propios, así como o bo trato entre as persoas. Estes valores tradicionais únense cos novos coñecementos en materia de saúde e conciencia medioambiental, para tratar de aproveitar o mellor do pasado e do presente na procura dun futuro mellor, sostible e respectuoso coas persoas e o entorno.

Na tenda priman os produtos naturais, ecolóxicos e artesáns, de pequenos produtores locais. Tamén se aposta pola venta a granel, tratando de reducir a utilización de plásticos e a contaminación medioambiental.